Aviso legal

Información xeral

As presentes disposicións regulan o uso do servizo do microsite de internet (en diante, o “Microsite') que a Xunta de Galicia pon a disposición dos usuarios de internet. A Xunta de Galicia é a titular do dominio de primer nivel “compostaxe.gal.gal” e dos distintos elementos nel incluídos.O contido facilitado a través deste Microsite emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste Microsite, nin que se atope totalmente actualizado.A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Microsite con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.A Xunta de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Microsite, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.A Xunta de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. A información dispoñible neste Microsite, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:

  • Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
  • O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.

Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Microsite e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.

Política de cookies

Este Microsite utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros. Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web pode descargar nun equipo para almacenalo no seu navegador e, desta forma, obter e recuperar información sobre os hábitos de navegación da persoa usuaria ou do equipo en cuestión. Existen 2 tipos de cookies:

  • De sesión: créanse de forma temporal e, unha vez que se abandona o sitio web son eliminadas.
  • Permanentes: permanecen no navegador (durante o tempo que se establecese como período de duración do arquivo) e actívanse de novo cando se visita o sitio web que creou esa cookie. 

A finalidade do uso das cookies que emprega este Microsite é a de mellorar os servizos que ofrece mediante a análise dos hábitos de navegación de forma anonimizada. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais.

Coa súa navegación vostede fai uso das cookies que utiliza este Microsite, que son de dous tipos:

  • Propias: que son enviadas aos seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que  só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas cookies son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do Microsite por parte das persoas usuarias.

Protección de datos

As persoas usuarias deste microsite teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo no que poden exercitar os dereitos, o contacto cos delegados e as delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na seguinte ligazón: información sobre protección de datos persoais.

Uso de linguas

O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, o Microsite posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.

Lei aplicable e xurisdición

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Microsite, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Microsite, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.