Proxecto demostrativo compostaxe comunitaria

A quen vai dirixido?

Este proxecto demostrativo vai dirixido á cidadanía así como aos grandes produtores do concello de Mondoñedo que se sitúen nas proximidades de centro de compostaxe comunitaria que se instalará no concello ao abeiro deste proxecto.

A participación voluntaria dun gran produtor será requisito indispensable para a posta en marche deste proxecto. Ademais, o tipo de residuos orgánicos xerados polo gran produtor e que poden ser xestionados mediante compostaxe comunitaria serán, en calquera caso, aqueles asimilables aos xerados no ámbito doméstico.

En que consiste?

É un proxecto demostrativo de xestión descentralizada da fracción orgánica dos residuos domésticos mediante compostaxe comunitaria, no que se quere incentivar a participación tanto de grandes produtores como da cidadanía.

A participación do gran produtor así como da cidadanía é voluntaria. Para informar á cidadanía e aos grandes produtores, realizarase unha campaña de información e captación que consistirá en:

  • Visita a grandes produtores
  • Reunión informativa dirixida á cidadanía e aos grandes produtores
  • Formacións á cidadanía e aos grandes produtores

Unha vez se determine cal ou cales serán os grandes produtores que desexan participar neste proxecto, dimensionarase a zona de compostaxe comunitaria e determinarase o número máximo de fogares que, xunto co gran produtor, poden xestionar os seus biorresiduos na zona de compostaxe comunitaria que se instalará.

Previamente á apertura da zona de compostaxe comunitaria, convocarase á cidadanía e aos grandes produtores a unha reunión na que se informará sobre o funcionamento do composteiro comunitario e os pasos a seguir para a súa axeitada utilización e animala a participar. Unha vez comece a funcionar a experiencia, realizaranse visitas de seguimento técnico semanais e ofrecerase asesoría continua a todos/as os/as usuarios/as.

Ademais, tanto o persoal do concello como os grandes produtores e a veciñanza do concello no que sexa implantada esta experiencia serán formados para poder xestionar axeitadamente o centro de compostaxe comunitaria.

Calendario do proxecto

Todas as actuacións a desenvolver para a posta en marcha deste proxecto demostrativo de compostaxe comunitaria executaranse entre setembro de 2019 e decembro de 2019.

Materiais dispoñibles

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda encargarase da montaxe da zona de compostaxe comunitaria así como do subministro de materiais necesarios para levar a cabo o proxecto. Para tal fin, porá a disposición do municipio:

- 1 zona de compostaxe comunitaria, de 8 módulos de 1 m3, e cartel explicativo.

Ademais, farase tamén entrega de diversos materiais informativos e divulgativos relacionados co proxecto.

 

Como inscribirse?