Proxecto demostrativo compostaxe doméstica

A quen vai dirixido?

Este proxecto demostrativo vai dirixido á cidadanía do concello de As Nogais que queira comezar a xestionar os seus residuos orgánicos nos composteiros individuais que se distribuirán de xeito gratuíto ao abeiro deste proxecto demostrativo.

En que consiste?

É un proxecto demostrativo de xestión descentralizada da fracción orgánica dos residuos domésticos mediante compostaxe que se realiza nos propios domicilios (hortas, xardíns, etc.) das persoas usuarias.

Neste proxecto poden participar todos os habitantes do concello de As Nogais que, de xeito voluntario, se inscriban no proxecto e soliciten gratuitamente o seu composteiro individual. A veciñanza participante deberá separar os residuos orgánicos das demais fraccións de lixo xeradas no fogar, e depositalos no composteiro individual onde, co paso do tempo, se transformarán en compost, un abono natural.

Para informar á cidadanía e animala a que participe, realizarase unha campaña de captación. As accións que se executarán como parte desta campaña son:

  • realización dunha reunión informativa
  • realización de formacións en autocompostaxe
  • reparto de materiais necesarios para a realización da compostaxe
  • visitas de seguimento técnico
  • asesoramento continuo ás persoas usuarias

Calendario do proxecto

Todas as actuacións a desenvolver para a posta en marcha deste proxecto demostrativo de compostaxe individual executaranse entre setembro de 2019 e decembro de 2019.

Materiais dispoñibles

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda porá a disposición do concello de As Nogais o material preciso para poñer en marcha a compostaxe individual: composteiros de 300 litros, aireadores, termómetros, e manuais de compostaxe, así como tamén material informativo e divulgativo do proxecto.

Como inscribirse?